A casa nido, Xoaniñas en Piño, abriu en maio, a través da última orde de axudas da Consellería de Política Social. Atende a cinco nenos en horario de 9.00 a 17.00 horas.
As casas nidos fanse en concellos de menos de 5.000 habitantes co obxectivo de dar servizo ás familias para mellorar a concilicación, impulsar o autoemprego e a economía social, dinamizando o rural e fixando poboación. Trátase de dar servizo ás demandas de conciliación no rural para que as familias poidan desenvolver as súas responsabilidades laborais e atender aos seus fillos.
Xunto coa casa nido da Pobra do Brollón, son 13 as instalación destas características que funcionan na provincia e que dan servizo de balde.