A Pobra do Brollón pecha xestións para obras de mellora da Avda. de Outeiro

A Pobra do Brollón pecha xestións para obras de mellora da Avda. de Outeiro

30 Decembro 2017/concello/Xeral

O Alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, ven de asinar un Convenio coa Diputación Provincial de Lugo para o acondicionamento da Avenida de Outeiro na capitalidad municipal. 
Estas obras, que teñen un orzamento de 229.000 € repartidos en dúas anualidades, enmárcanse dentro dunha estratexia global de acondicionamento e humanización do viario do núcleo urbano, suprimindo barreiras arquitectónicas para a súa posta en valor. As obras proxectadas consisten nunha pavimentación acorde co medio rural onde se desenvolven. Supoñen, ademais, a creación de espazos totalmente accesibles, a plantación de árbores de sombra e a colocación de alumeado público.
As prioridades do Grupo de Goberno Municipal céntranse na necesidade de dotar aos equipamientos situados na zona sur do núcleo (centro escolar, pavillón polideportivo e centro de día municipal) dun acceso peonil , ao tempo que se actúa sobre a Avda. de Outeiro, que na actualidade presenta un estado deficiente.



RELACIONADO