PARADA DOS MONTES

Se abandonamos A Pobra do Brollón en dirección ao Courel, a última aldea que nos atopamos é Parada dos Montes. Aldea típica de montaña onde o tempo parece que se detivo. Casas, cortes e palleiras agrúpanse ao longo dun camiño coma se fosen unha única vivenda. As casas conservan balcóns tradicionais de madeira e ao unirense unhas con outras crean túneles nas rúas que protexen a maquinaria e animais das inclemencias meteorolóxicas. O terreo sobre o que se constrúe a aldea é rochoso, as construcións están orientadas cara ao mediodía, protexidas dos ventos do norte e das rigorosas neves. Un lugar de visita obrigada.

Parada dos Montes

 

Saneamento da aldea modelo de Parada de Montes

Agader concedeu ao Concello da Pobra do Brollón unha subvención para o proxecto solicitado ao abeiro da RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR711D), publicada no DOGA  num. 16 do martes 25 de xaneiro de 2022, un dos proxectos é o da fotografía “SANEAMENTO DA ALDEA MODELO DE PARADA DOS MONTES NO CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN (LUGO)

Subvención Agader: 45.773,11€ 

Aportación municipal: 14.226,89€

Coste total proxecto: 60.000,00€

Descarga o proxecto de orientación produtiva para a aldea modelo de Parada dos Montes

Descarga a resolución da concesión da axuda

Consulta máis información sobre as aldeas modelo na web do Agader


 Saneamento de Parada dos Montes