SOBREIRA DE SANTIORXO

Sobreira

A sobreira é unha árbore propia de zonas mediterráneas e distínguese pola súa grosa e esponxosa cortiza. Ademais de ofrecer unha excelente madeira, das sobreiras obtense o “cortizo” para a fabricación do corcho.

A sobreira que nos ocupa está na aldea de Santiorxo, parroquia de Liñares e está catalogada como “árbore senlleira” de Galicia polas súas especiais características.

Estamos ante unha árbore centenaria de case 3 metros de diámetro e 10,8 de perímetro. Estas sorprendentes dimensións débense a unha enfermidade que lle afecta e que provoca que o tronco se fure polo medio.

 

Catálogo galego de "Árbores Senlleiras"