Soamente se admiten residuos xerados por particulares cuxa vivenda teña ao día o pagamento do correspondente recibo de lixo. Prohíbese a entrada de residuos de orixe industrial.
Os residuos débense depositar no horario de apertura do Punto Limpo: os mércores de 9:00 a 13:00 horas.
Está prohibido, baixo risco de sanción, deixar residuos na entrada do Punto Limpo estando este pechado.
Para máis información ou consultas, poden contactar coas oficinas do Concello da Pobra do Brollón no teléfono 982430001.
O lixo debe ir separado por tipo de residuos; os residuos que veñan mesturados serán rexeitados.
Residuos que se poden depositar no Punto Limpo:
- Plásticos
- Madeira (admítense 60kg por entrega)
- Voluminosos (sofás, mobles, cadeiras...)
- Colchóns
- Metais
- Electrodomésticos (neveiras, cociñas, lavadoras, fornos...)
- Televisores e pantallas
- Ordenadores e outros equipos informáticos
- Pequenos aparellos eléctricos e/ou electrónicos.
- Tubos fluorescentes, bombillas LED e/ou baixo consumo
- Roupa (para poder depositar a roupa, debe ir en bolsas dun tamaño que poda entrar polo torno do contedor)
- Papel/cartón (para depositalo no contedor, as caixas deberanse abrir e comprimir para reducir o seu volume)
- Vidro
- Aceite de motor de vehículos
- Aceite comestible
- Pinturas e vernices
- Envases baleiros (plásticos ou metálicos) que contiveran produtos contaminantes.
- Escombros (a cantidade a depositar de escombros de obra está limitada a 25kg por entrega). Son escombros de obra: cementos, ladrillos, yeso... Non poden ir plásticos, latas nin botellas.
Non se pode depositar uralita ni pneumáticos.
A persoa encargada do Punto Limpo poderá rexeitar aqueles residuos que, pola súa natureza ou volume, non poidan ser admitidos de acordo coa ordenanza vixente.