Os adestramentos de voleibol comezan o 1 de outubro en colaboración co Clube Voleibol Ribeira Sacra

Os adestramentos de voleibol comezan o 1 de outubro en colaboración co Clube Voleibol Ribeira Sacra

25 Setembro 2026/concello/Xeral

O 1 de outubro comezan os adestramentos de voleibol, unha nova actividade para os nenos e nenas da Pobra do Brollón que brinda a oportunidade de aprender con adestradoras cualificadas do Clube Voleibol Ribeira Sacra. 

Os adestramentos serán os martes e os xoves de 15:45 a 17:15 no Pavillón municipal.

Trátase dunha actividade dirixida á rapazada de 6 a 12 anos. O custo son 20€/mes. Para máis información e inscricións, contacten nas oficinas de Servizos Sociais 982430447 / 609004541

Esta iniciativa e cofinanciada pola Xunta e polo Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.



RELACIONADO