Abre o período de inscrición no novo curso de actividades deportivas para adultos

Abre o período de inscrición no novo curso de actividades deportivas para adultos

23 Setembro 2026/concello/Xeral

O día 1 de outubro comeza 'Móvete na Guimaralia!', o novo curso de actividades deportivas para adultos do Concello da Pobra do Brollón.

O prazo de inscrición nas actividades –ximnasia, pilates, ioga e aerobic– estará aberto ata o 29 de setembro. Debe realizarse nas oficinas de Servizos Sociais, en horario de 9:30 a 14:00 (Casa da Cultura 'Olga Novo' 982 430 447 / 609 004 451).

O prezo para unha clase á semana é de 15€ ao mes e para dúas clases semanais, 20€ ao mes. 

As parroquias interesadas en formar grupo deben contactar con Servizos Sociais. Precísase un mínimo de 10 persosas por grupo.

Os hoarios son: 

  • Ioga: Martes e xoves ás 11:15 

  • Aerobic: Mércores ás 11:15

  • Pilates: Venres ás 18:00

  • Ximnasia:

    • A Pobra Grupo 1: Martes e venres ás 19:00

    • A Pobra Grupo 2: Martes e venres ás 20:00

    • Cereixa: Mércores ás 17:15

 



RELACIONADO