O Obradoiro dual de Emprego A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio comeza hoxe a súa actividade

O Obradoiro dual de Emprego A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio comeza hoxe a súa actividade

10 Xuño 2026/concello/Xeral

O Obradoiro dual de Emprego A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio comeza hoxe a súa actividade.

O acto de presentación tivo lugar ao mediodía de onte na Casa da Cultura 'Olga Novo', na Pobra do Brollón, como concello promotor da presente edición do Obradoiro. Os encargados da presentación foron os representantes políticos dos tres concellos –o alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda; de Bóveda, José Manuel Arias; e o tenente de alcalde do Incio, Ramón Mourelo– ademais da directora do Obradoiro, Verónica Quintela.

Dende hoxe e ao longo de 9 meses, 20 alumnos/as-traballadores/as xunto a tres monitores/as, realizarán actividades relacionadas coa conservación e mellora de montes (no caso do Incio e A Pobra do Brollón) e actividades en viveiros e xardíns, no caso de Bóveda.

O Obradoiro de Emprego é financiado pola Consellería de Emprego, co obxectivo de que persoas traballadoras desempregadas reciban cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo de utilidade pública e interese social.

 


RELACIONADO