Rutas de sendeirismo homologadas na Pobra do Brollón
Ruta da Castaña e do Mel. PR-G 236 (Homologada en maio 2019)
Ruta circular de 10,3 km que vai dende a aldea de Salcedo ata o souto de Paramedela, bordeando o val do río Lor e do río Loureiro. En Paramedela pódese visitar un antigo sequeiro restaurado. Ademais, no camiño pódese observar unha alvariza, que son construcións circulares que se empregaban (e empréganse) para protexer as colmeas das abellas de animais como o oso e o raposo.
Descarga aquí os detalles da ruta ou ver ruta en Wikiloc.
Ruta da Capela de San Vitoiro á Mina da Veneira. PR-G 242 (Homologada en 2020)
Ruta lineal de 6,2 km, acondicionada e sinalizada en novembro de 2019. O camiño percorre puntos de gran valor natural nos que apreciar bosques autóctonos e as escarpadas formacións rochosas sobre as que se asenta o miradoiro de San Vitoiro. Pero tamén hay elementos de elevado interese etnográfico e patrimonial, como a propia capela de San Vitorio e a lenda que envolve este lugar, ou a aldea mineira da Veneira de Roques. Descarga aquí os detalles da ruta.
Este sendeiro en proceso de homologación forma parte dunha ruta máis longa non homologada que sae da aldea de Saa ata a Pena dos Catro Cabaleiros. A lonxitude total son 34,5 km, aínda que hai dúas variantes da ruta máis curtas: unha de 18,8 km e outra de 26,5 km. Descarga aquí os detalles da ruta completa.
Rutas de sendeirismo homologadas con tramos na Pobra do Brollón
Roteiro de Augas Mestas - Doade. PR-G 157
Ruta lineal de 27,1 km polo cañón do río Sil, dende o lugar Augas Mestas (Parada, Quiroga) ata Doade. O tramo que pasa pola Pobra do Brollón percorre a ribeira de Vilachá de Salvadur, así como o singular conxunto de adegas tradicionais desta parroquia.
Consulta a ruta en Wikiloc ou na páxina de Turismo de Galicia. Tamén podes descargar a ruta (.gpx) aquí.
Ruta do Lor. GR-8 (ruta sen mantenemento)
Ruta dun total de 68 km dende O Cebreiro ata Augas Mestas (Quiroga). O tramo que pasa pola Pobra do Brollón ten 9,7 km e vai dende Barxa de Lor ata o lugar de Paramedela, bordeando o río Lor.
O Camiño de Inverno
O Camiño de Inverno na Pobra do Brollón
Trátase dun dos Camiños de Santiago, chamado 'Camiño de Inverno' porque por el os camiñantes evitaban as neves de O Cebreiro na súa peregrinaxe a Santiago de Compostela.
No seu percorrido pola Pobra do Brollón dende Quiroga pasa por Barxa de Lor, Castroncelos, a propia capitalidade da Pobra e Cereixa, antes de continuar cara a Monforte. Pódese ampliar información na web da Asociación Camiños de Santiago pola Ribeira Sacra.
A Pobra do Brollón conta cun albergue municipal. Visita aquí a súa páxina web para máis información.
Ruta do Ouro e do Ferro (non homologada)
Sendeiro circular non homologado de 11km, cun desnivel de cerca de 400 metros. Comeza e acaba en Salcedo. Dende o núcleo de Salcedo descende polas Laceiras ata o val do Río Lor. Continúa paralelo ao río entre vexetación de ribeira ata a aldea de Barxa de Lor, onde se atopa a ponte medieval sobre o río. De Barxa ascende a ruta volta a Salcedo pasando polas minas romanas da Lama.
Descarga un mapa da ruta. Tamén podes descargar o track da ruta (kmz ou gpx).