Comezan as primeiras actividades do programa 'A Guimaralia máis Corresponsable'

Comezan as primeiras actividades do programa 'A Guimaralia máis Corresponsable'

14 Maio 2024/concello/Xeral

Arranca o programa do Plan Corresponsables na Pobra do Brollón: 'A Guimaralia máis Corresponsable', financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade. 

Haberá unha ampla oferta de actividades dirixidas a nenas e nenos ata 16 anos co fin de facilitar a conciliación familiar, coa igualdade e a corresponsabilidade entre homes e mulleres no centro.

Comezamos anunciando dúas actividades semanais: 

OS MÉRCORES EN MOVEMENTO: Actividades deportivas

  • Infantil e 1º e 2º Primaria. 15:45 – 17:15 h
  • 3º–6º Primaria. 17:30–19:00 h
  • 1º–4º ESO. 19:00–20:30 h

OS XOVES ENTRE LIBROS: Actividades de fomento á lectura

  • Infantil e 1º e 2º Primaria. 15:45 – 17:00 h
  • 3º–6º Primaria. 17:15–18:30 h
  • 1º–4º ESO. 18:45–20:00 h

Haberá un máximo 10 participantes por grupo. Terán prioridade as crianzas que participan no programa.

Para máis información e inscricións as familias interesadas poden contactar nas oficinas de Servizos Sociais Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 1º andar – Tlf. 982 430 447 educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal.

 



RELACIONADO