O martes 18 de abril, terá lugar un curso de seguridade no fogar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón.
Trátase dunha actividade da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do Sergas.
O horario será de 17:00 a 21:00, e está dirixido a pacientes, familiares e cidadanía en xeral.
No cartel abaixo hai máis detalles da actividade. As inscricións deben realizarse neste enlace: https://bit.ly/3K2fqQa