As bases do Obradoiro dual de Emprego ‘A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio’ xa están publicadas na sede electrónica da páxina web do Concello da Pobra do Brollón.
As bases regulan a selección dun/dunha director/a, 3 docentes e 20 alumnos/as (7 de Bóveda, 7 do Incio e 6 da Pobra do Brollón), ademais dun/dunha administrativo/a a media xornada.
As persoas solicitantes deben estar inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, carecer de ocupación remunerada e estar dispoñibles para o emprego. Este requisito debe manterse na súa data de incorporación ao proxecto.
A documentacion debe presentarse no rexistro do Concello da Pobra do Brollón como data máxima o 29 de agosto de 2022.
O Obradoiro comezará o 19 de setembro cunha duración de 12 meses. A entidade promotora na edición 2022-2023 é o Concello da Pobra do Brollón, e centrarase en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría.
Enlaces de descarga das bases (en PDF):
Enlaces de descarga da documentación a presentar (en Word):