Volven as 'Andainas da man de...'

Volven as 'Andainas da man de...'

25 Xuño 2021/concello/Xeral

Esta fin de semana na Pobra do Brollón haberá unha nova ‘Andaina da man de...’, un programa de visitas organizadas polo Concello nas que os propios veciños fan de guías. 

O ciclo de andainas comezou en 2019 con moi boa acollida pero o ano pasado viuse interrompido pola pandemia. 

A actividade volve este domingo 27 de xuño cunha andaina na parroquia de Salcedo. Comezará ás 10:00 da mañá na aldea de Domiz, dende onde se camiñará ata a ferrería de Loureiro. Alí, Alberto, da familia propietaria do edificio contará aos participantes a historia do lugar.

Ó regreso falarán Lucas e Manuel sobre un proxecto de recuperación de alvarizas na zona. De volta en Domiz os caminantes serán recibidos por Noa, un avituallamento e alguna actuación musical. 

O percorrido son aproximadamente 7 kms. A participación é gratuíta, previa reserva no teléfono 650 624 828.



RELACIONADO