O deterioro da estrada entre A Pobra do Brollón e O Incio lévase ao Parlamento

O deterioro da estrada entre A Pobra do Brollón e O Incio lévase ao Parlamento

11 Maio 2021/concello/Xeral

O mal estado da estrada autonómica LU-653 que une A Pobra do Brollón e O Hospital do Incio será levado ao Parlamento de Galicia. O asfalto da estrada está moi deteriorado, afectando a comunicación dunha decena de parroquias e 750 habitantes. 

O goberno da Pobra do Brollón e o grupo parlamentario do BNG presentaron ó Parlamento de Galicia unha proposición para instar á Xunta de Galicia a axilizar o asfaltado de dita estrada. 

‘A LU-653 é unha vía fundamental para a comunicación das persoas e a vertebración socioeconómica do noso concello,’ afirma o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. ‘É de vital importancia actuar xa para mellorar o seu estado porque está próximo a intransitable,’ apuntou.

A deputada parlamentaria Carme Aira, nunha visita á Pobra do Brollón, engadiu que o mal estado da estrada é ‘un perigo para a seguridade viaria’ que ‘esixe unha resolución inmediata’. 

 



RELACIONADO