A Pobra do Brollón pasa ao nivel de restrición media-baixa

A Pobra do Brollón pasa ao nivel de restrición media-baixa

19 Marzo 2021/concello/Xeral

Dende hoxe venres 19 de marzo, segundo o anunciado pola Xunta de Galicia, A Pobra do Brollón está no nivel de restrición media-baixa. As medidas serán revisadas antes dos festivos da Semana Santa.

Entre os cambios que implica este nivel, ampliase o aforo da hostalería do 30 ao 50% no interior; nas terrazas sube o aforo do 50 ao 75%; e o horario límite de peche pasa das 18 ás 21 horas.

O toque de queda permanece nas 22 horas e as reunións están limitadas a seis persoas no exterior e a catro no interior, estando prohibidas as reunións de non conviventes nos domicilios.

Consulta a lista completa de medidas na páxina do Sergas.



RELACIONADO