Tras recibir información dende o Centro de Saúde dun novo PCR positivo no noso municipio, compareceu o alcalde Xosé Lois Maceda pedindo precaución para evitar novos contaxios. O vídeo da comparecencia pódese visionar abaixo.
Segundo datos do Centro de Saúde hai 5 casos de Covid-19 activos na Pobra do Brollón. É unha cifra alta para a nosa poboación, polo que dende o Goberno municipal faise un chamamento a extremar as medidas de seguridade, entre as cales:
- Limitar os nosos encontros sociais e reducir os nosos grupos de interacción.
- En todo momento, incluído en reunións con familia e amigos, aplica as 3 emes: desinfecta as Mans frecuentemente, usa a Máscara e mantén os dous Metros de distancia interpersoal.
No que levamos de semana, ademais do caso positivo, fixéronse 25 PCR de resultado negativo. Actualmente estase a facer rastrexo dos contactos da persoa do positivo para detectar posibles contaxios.
Seguiremos informando de calquera novidade relevante.