Xornada de Iniciación ao cultivo dos cogomelos

Xornada de Iniciación ao cultivo dos cogomelos

05 April 2018/concello/Xeral

O concello da Pobra do Brollón organiza unha xornada de iniciación ao cultivo de cogomelos. A actividade desenvolverase o día 29 de abril na casa da cultura “Olga  Novo” a partires das 9 e media da mañá e terá unha duración de 4 horas. As prazas son limitadas e para participar é necesario inscribirse antes do día 25 nas oficinas do concello e abonar o prezo de 25€ para a inscrición. Carlos Pérez Álvarez, Técnico superior na xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos será o encargado da xornada na que se abordarán os seguintes contidos:

  • Diferenciación dos cogomelos segundo a súa nutrición.
  • Como cultivar cogomelos na casa, que cogomelos cultivaremos e de que maneira.
  • Cales son as mellores épocas para o cultivo.
  • Como cultivar en troncos de madeira e en bolsas de sustrato.
  • Cales son as madeiras mais axeitadas para cada cogomelo.
  • Como preparar os substratos de cultivo e onde madurar o micelio.
  • Como inocular as sementes nos substratos e nas trozas.
  • Como realizar a frutificación dos cogomelos e a súa colleita.

A parte práctica do taller, na que participarán todos os asistentes, consistirá na inoculación de semente do cogomelos “shitake”  e “seta ostra”. Farase en troncos de castiñeiro e chopo.

Ó final repartirase entre todos os asistentes unha bolsa de semente de “seta ostra” e unha bolsa de semente de “shitake”.



RELACIONADO