Déixate Guiar 2024: Visitas guiadas de verán

Déixate Guiar 2024: Visitas guiadas de verán

22 July 2024/concello/Xeral

Esta semana arranca 'Déixate guiar', o programa de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, cunha oferta de cinco visitas: Penas do Castelo, Cova das Choias, Entre Pataos e Os Conventos, Adegas de Vilachá, e Castro de San Lourenzo.

As visitas ofrécense dende o 23 de xullo ao 31 de agosto baixo demanda de martes a sábado.

Grupo mínimo 5 persoas. Para a visita a Cova das Choias, hai un máximo de 10 persoas por visita e unicamente 2 visitas á semana (martes e xoves). 

Reserva obrigatoria para tódalas visitas no teléfono 622952078 (preferentemente por WhatsApp).​

Penas do Castelo

Un intrigante xacemento pendurado sobre o río Lor na paisaxe protexida do Courel.

A través das súas impresionantes vistas coñeceremos a paisaxe, historia e tradicións da parroquia de Salcedo, famosa polo Entroido do Oso, pero que agocha moitas máis sorpresas.

Info práctica

A Cova das Choias

Unha cova na que habita musgo luminiscente, colonias de morcegos e seres mitolóxicos.

A cova presenta moitos valores sobre os que priman os criterios de conservación dun santuario natural.

Trátase dunha visita moi limitada tanto no número de xente como nas veces nas que se pode acceder no ano coa intención de alterar o menos posible o equilibrio natural.

Info práctica

  • Punto de encontro: diante do Concello da Pobra do Brollón (Preme aquí para localización en Google Maps)
  • Desprazamento nos vehículos particulares
  • Hai un pequeno percorrido a pé ata a cova, cunha lixeira pendente
  • Duración total 1h30'
  • Para protexer a flora e a fauna da cova, esta visita ofrécese unicamente 2 días á semana (martes e xoves), e está limitada a 10 persoas cada visita.

Entre Pataos e Os Conventos

Un paseo entre os viñedos do Val do Eivedo nos que se unen a orixe e evolución da Ribeira Sacra ata a viticultura dos nosos días.

Divisaremos o lugar de Os Conventos, onde se realizaron dúas campañas de escavación e as primeiras datacións científicas das terrazas da Ribeira Sacra. Estes resultados permiten coñecer a orixe e evolución desta paisaxe vitícola.

Info práctica

  • Punto de encontro: campo da festa de Vilachá de Salvadur (Preme aquí para localización en Google Maps)
  • Desprazamento nos vehículos particulares
  • Duración total: 1h30' 
  • Visita combinable coa cata nas Adegas de Vilachá. Consulta no momento da reserva.

Cata nas Adegas de Vilachá

Poderás catar algún dos viños das ribeiras de Vilachá, incluídas na D.O. Ribeira Sacra, no conxunto de adegas medievais da Abelaira, Vilachá.

Info práctica

  • Punto de encontro: campo da festa de Vilachá de Salvadur (Preme aquí para localización en Google Maps)
  • Duración aproximada: 1h
  • A cata ten un custe de 3€
  • Visita combinable coa visita ‘Entre Pataos e os Conventos’. Consulta no momento da reserva

Castro de San Lourenzo

Un castro que conta cunha antiga igrexa e un cemiterio medieval.

Coñece a historia do lugar e da parroquia de Cereixa a través dun proxecto de arqueoloxía en comunidade no que os veciños do pasado e do presente son os verdadeiros protagonistas.

Info práctica



RELACIONADO