III Obradoiro de Brindos Guímaros

III Obradoiro de Brindos Guímaros

13 April 2023/concello/Cultura

O venres 21 de abril no bar Primeiro de Maio, na Pobra do Brollón, terá lugar o terceiro obradoiro de brindos guímaros.

Será novamente a cargo do colectivo Erre Que Erre, formado por Alba María, Sara Marchena, Nuria Penas e Lorena Medela. 

A actividade é aberta a todo o mundo, independentemente de se asistiran ou non a edicións anteriores do obradoiro. 

Comezará a partir das 20:15. Para a ocasión, no Primeiro de Maio preparán arepas, unha das especialidades da casa.

 



RELACIONADO