Agader concedeu ao Concello da Pobra do Brollón unha subvención para o proxecto solicitado ao abeiro da RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR711D), publicada no DOGA num. 16 do martes 25 de xaneiro de 2022, un dos proxectos é o da fotografía “SANEAMENTO DA ALDEA MODELO DE PARADA DOS MONTES NO CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN (LUGO)”
Subvención Agader: 45.773,11€
Aportación municipal: 14.226,89€
Coste total proxecto: 60.000,00€
Descarga o proxecto de orientación produtiva para a aldea modelo de Parada dos Montes
Descarga a resolución da concesión da axuda
Consulta máis información sobre as aldeas modelo na web do Agader