Xabier Vizcaíno ofrecerá xunto coa súa banda un concerto este sábado 17 ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na Pobra do Brollón.
O músico do Incio interpretará temas do seu último traballo 'Neno de monte', unha homenaxe ao mundo rural e á lingua galega a través de relatos da tradición oral.
A entrada é solidaria a través da doazón de produtos non perecedoiros para o banco de alimentos, que serán xestionados pola área de servizos sociais do Concello.
A cantidade orientativa de alimentos por asistente é dun quilo (tipo aceite, conservas de peixe, legumes en conserva, pasta, arroz...), a entregar na porta do concerto.
Este evento forma parte da programación cultural "Animación na rúa" da Área de Cultura da Vicepresidencia Deputación de Lugo.