Plan provincial único de cooperación cos concellos

Plan provincial único de cooperación cos concellos

21 July 2021/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón participa no Plan único de cooperación cos concellos para o ano 2021, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo. A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan é de 298.278,48 euros, dos cales o Concello decidiu adicar a investimentos 154.574,11 euros, e o resto aos programas de SAF, fomento de emprego, promoción cultural,  promoción turística local, administración electrónica e protección de datos e gastos correntes derivados da COVID-19.

Tanto no programa de investimentos como no resto de programas inclúense actuacións que afectan a todas as parroquias do municipio, co obxectivo de mellorar as condicións de vida e os servizos de toda a veciñanza.



RELACIONADO