Cine para pensar co ciclo 'Grandes Temas do Noso Tempo'

ciclo de cine Grandes Temas do Noso Tempo en A Pobra do Brollón

Cine para pensar co ciclo 'Grandes Temas do Noso Tempo'

06 November 2019/concello/Cultura

Este xoves 7 comeza na Pobra do Brollón o ciclo de cine ‘Grandes temas do noso tempo’, unha proposta do Concello para as noitiñas dos xoves de novembro. As proxeccións serán ás 20:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e tratarán temáticas de peso na actualidade como o cambio climático, a auxe da estrema dereita ou a espionaxe nas redes. 

O ciclo arranca con Before the flood,un documental sobre cambio climático protagonizado por Leonardo DiCaprio e producido en 2016 en colaboración con National Geographic. Esta proxección realízase grazas á colaboración co colectivo Profes por el Futuro (Teachers for Future Spain).

‘Noutros ciclos de cine que organizamos anteriormente, centrámonos na realidade máis próxima do rural galego. Pero entendemos que a Guimaralia está inserta nun sistema global e hai problemáticas que inevitablemente nos afectan e que queremos analizar con este novo ciclo,’ comenta Ricardo Rodicio, concelleiro de cultura. 

A idea con este ciclo é que despois das proxeccións na Casa da Cultura, continúe a actividade nos bares locais para debater amigablemente as problemáticas expostas nas películas.  

As seguintes proxeccións serán Las chicas de Amanecer Dorado (xoves 14), El Gran Hackeo (xoves 21) e remata cunha proxección sorpresa o xoves 28.



RELACIONADO