Charla sobre los impactos de la factoría de Altri el miércoles 5 de junio

Charla sobre los impactos de la factoría de Altri el miércoles 5 de junio

29 Mayo 2024/concello/Xeral

O vindeiro mércores 5 de xuño ás 20:15, na Casa da Cultura 'Olga Novo' da Pobra do Brollón, terá lugar unha charla sobre os impactos ambientais da celulosa de ALTRI.

A charla será a cargo de Ana F. Santamariña, vogal de Augas de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), e doutora en hidroloxía e xestión de recursos hídricos.

A factoría de fibra de celulosa está proxectada para instalarse en Palas de Rei, ao borde do río Ulla e limitando coa Serra do Careón, espazo Red Natura.

É unha charla organizada polo Concello da Pobra do Brollón en colaboración con ADEGA.



RELACIONADO