Tras a pausa do verán, volve o Ciclo Mestre Mateo para amosar o mellor cine galego actual.
A primeira proxección será este domingo 17 de setembro ás 19:00h na Casa da Cultura 'Olga Novo', co filme A foreign song, dirixido por César Souto.
Trátase dun documental realizado a partir de poemas e cartas do poeta estadounidense Wallace Stevens. Sobre Wallace Stevens, a sinopse da película detalla:
Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días erguíase ás 6 e acostábase ás 9. Nos seus días tranquilos non hai peripecias reseñables, nin grandes dramas. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. [...] Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro.
A foreign song foi finalista a Mellor documental, Mellor dirección de fotografía e Mellor dirección de produción nos XXI Premios Mestre Mateo.
O Ciclo Mestre Mateo é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.
As seguintes proxeccións programadas son: