Curso de aproveitamento de biomasa forestal

Curso de aproveitamento de biomasa forestal

23 Septiembre 2020/concello/Xeral

Este sábado 26 ás 11:00 a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acolle un curso de aproveitamentos da biomasa residual das masas forestais.

Está orientado a formar os titulares de parcelas forestais, personas comuneiras de montes veciñais en Man Común e persoal contratado por empresas forestais.

Son catro horas lectivas. Para máis información e inscricións hai que escribir a xanbau@gmail.com ou chamar no 888 203 360.

Información do programa:

Ao longo da acción formativa abordaranse as distintas alternativas e posibilidades, de aproveitamento dos restos resultantes dos traballos de silvicultura realizados nas masas forestais durante o proceso da súa explotación.

O aproveitamento da masa residual das explotacións forestais contribúe a unha xestión máis rendible eficaz e sostible dos recursos territorias.

As vantaxes dese aproveitamento non só son económicas para os titulares das parcelas forestais, senón que xera vantaxes sociais (como a creación de emprego e riqueza no territorio) e medioambiental (mellora da xestióno forestal e prevención de incendios).

Igualmente trataranse as distintas novidades en lexislación e xestión de montes veciñais en mancomún.



RELACIONADO