Viaxes á praia 2023

Viaxes á praia 2023

03 July 2023/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón organiza para a veciñanza catro viaxes á praia nos meses de xullo e agosto. 

  • O día 16 de xullo a Samil 
  • O día 30 de xullo a Viveiro
  • O día 6 de agosto a Miño
  • O día 20 de agosto a Samil

O prazo para apuntarse remata o venres anterior á saída ás 12:30 horas, debendo anotarse persoalmente na Biblioteca Municipal (en horario de 11:00 a 13:00) e aboar a cantidade correspondente no momento en que se anotan.

Prezo da viaxe: 10 €. Prazas limitadas.

Aconséllase levar roupa cómoda. As comidas son por conta do viaxeiro. O punto de saída é diante do cuartel da Garda Civil da Pobra do Brollón.



RELACIONADO