O Concello da Pobra do Brollón, no seu propósito de respecto polo medio ambiente a partir dunha mellor xestión dos residuos xerados nos fogares, pon a disposición de toda a veciñanza un Punto Limpo Móbil que percorrerá todas as parroquias do municipio.
No Punto Limpo Móbil pódense depositar determinados refugallos para a súa posterior reciclaxe, tales como: pilas, medicamentos e os seus envases, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, aceite usado de cociña, envases baleiros de pinturas, tóners e cartuchos de impresoras.
O Punto Limpo Móbil visita todas as parroquias do Concello seguindo un percorrido lóxico para a súa operatividade efectiva. Situarase nos puntos previamente sinalizados e permanecerá durante ao menos dous días en cada parroquia.
As vindeiras paradas do mes de agosto serán:
Dende o concello queremos pedir a colaboración da cidadanía facendo un uso correcto do Punto Limpo Móbil e coidando que se manteña en boas condicións para que toda a comunidade do Concello da Pobra do Brollón poida facer uso del.