Dende o Concello da Pobra do Brollón colaboramos coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias para axudar as persoas afectadas pola catástrofe da DANA.
Poñemos un punto de recollida de auga, leite, alimentos non perecedoiros, artigos de limpeza persoal, guantes, mascarillas, mantas, produtos de hixiene feminina e produtos de alimentación para bebés, que serán entregados aos municipios afectados.
Todos aqueles veciños e veciñas que queiran colaborar poden facer a entrega na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ o luns 4 e martes 5 de 8:00 a 18:30 horas.