Bando sobre el uso de productos fitosanitarios

Bando sobre el uso de productos fitosanitarios

07 Mayo 2024/concello/Xeral

En cumprimento do RD 1311/2012 do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios, o Concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar o uso de estes produtos a fin de evitar posibles casos de contaminación de solos, augas e danos directos a persoas ou animais.

O Real Decreto 1311/2012, artigo 49, establece que está prohibida a aplicación de produtos fitosanitarios en espazos utilizados polo público en xeral, tales como:

  • Parques abertos
  • Campos de deporte
  • Espazos utilizados por grupos vulnerables
  • Redes de servizos: áreas non urbanas, comprendidos os ferrocarrís e demais redes viarias, as de condución de augas de rego ou avenamento, de tendidos eléctricos, cortalumes ou outras, de dominio público ou privado, cuxa característica é consistir en espazos lineais ou redes de espazos lineais, particularmente para manter controlada a vexetación espontánea.

En estos lugares solo se pode ser efectuada por usuarios profesionais, previo o asesoramento sobre a xestión integrada de pragas.



RELACIONADO