REDE DE RECURSOS TURÍSTICOS: DEVESA DO LOUREIRO E SEQUEIROS DO MAZO

REDE DE RECURSOS TURÍSTICOS: DEVESA DO LOUREIRO E SEQUEIROS DO MAZO

08 Febrero 2018/concello/Xeral

A aposta do concello da Pobra do Brollón por impulsar o turismo ten un dos seus pilares fundamentais na Rede de Rercursos Turísticos. Coa creación da Rede preténdense divulgar e poñer en valor os principais recursos turísticos do concello. Dous puntos de referencia da rede son a Devesa do Loureiro e os Sequeiros do Mazo, onde se acondicionaron sendeiros para acceder aos recursos, se actuou sobre un miradoiro e se colocaron paneis interpretativos.

A devesa de Loureiro está situada na confluencia das parroquias de Salcedo, Parada dos Montes e Lamaigrexa. Espazo Natural Protexido Os Ancares-O Courel (LIC ES1120001).  Ademais do interese natural e paisaxístico goza doutros recursos ligados ao carácter cultural e etnográfico, xa que esta devesa proporcionaba combustible á Ferrería de Loureiro, da que aínda quedan vestixios (casa da Ferrería, capela, antigo muíño, partes da presa,…).

Localizados nos lindes dos municipios da Pobra do Brollón e O Courel e situados no souto do Mazo, atopamos os que se coñecen como Sequeiros ou Cabanas do Mazo, unha importante concentración de 12 sequeiros e 6 cabanas, pequenas edificacións con dúas plantas, construídas con pedra e madeira.



RELACIONADO