Máis de 300 asistentes na XII Xuntanza de Veciños

Máis de 300 asistentes na XII Xuntanza de Veciños

05 November 2019/concello/Xeral

O domingo 3 de novembro celebrouse no pavillón do colexio da Pobra do Brollón a duodécima Xuntanza de Veciños, a xa tradicional homenaxe aos maiores do Concello.

Trala chegada dos 317 veciños participantes, houbo o xantar cun menú completo con empanada, polbo e carne ao caldeiro. O evento estivo amenizado pola música de profesores e estudantes da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’. 

A xornada rematou cun sorteo de 197 agasallos, todos doados por empresas locais. Ademais, o Concello agasallou a todos os asistentes cun paraugas. Tamén houbo regalos especiais para a veciña e veciño máis maiores entre os asistentes á Xuntanza: Antonio Varela, de Salcedo, e Aurea Franco de Ferreiros.

Foi unha bonita xornada de lecer e convivencia entre os veciños da Guimaralia.



RELACIONADO