Bando sobre a xestión da biomasa

Bando sobre a xestión da biomasa

20 April 2023/concello/Xeral

En cumprimento da Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia, da Xunta de Galicia, o concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar as distancias das plantacións, manter o monte limpo e facernos responsables das nosas propiedades. 

A mencionada Lei establece no seu artigo 22.1 que as persoas que resulten responsables como titulares/propietarios de solares ou parcelas situadas en solo urbano, urbanizable e núcleo rural, procederán á execución da xestión da biomasa, incluída de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano.

  • Será obrigatorio para os propietarios e usufrutuarios titulares de terreos xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalación industriais, sitas a menos de 400 metros do monte e tamén ao redor das edificación illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.
  • Na mesma franxa de protección, non poderá haber especies sinaladas na disposición adicional terceira da citada lei que favorezan a propagación do lume como son piñeiros, mimosas, eucaliptos, brecina, carqueixa, acacias, queirugas, fentos, toxos, xestas, silvas.

No suposto de incumprimento das obrigas citadas, cabe a posibilidade de execución subsidiaria por parte do Concello, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda e a imposición de multas coercitivas pola administración competente. 

Os danos que se poidan ocasionar nos bens ou propiedades dos lindeiros no caso de verse afectadas por incendios forestais, será responsabilidade dos propietarios.

Para dar alarma de incendio forestal cómpre chamar o 085 (chamada gratuíta).



RELACIONADO