A antropóloga Beatriz Busto presenta o seu libro sobre as pioneiras Pandereteiras de Mens

A antropóloga Beatriz Busto presenta o seu libro sobre as pioneiras Pandereteiras de Mens

02 February 2022/concello/Cultura

A antropóloga e etnomusicóloga Beatriz Busto Miramontes presentará na Casa da Cultura ‘Olga Novo’  o seu libro-CD Pandereteiras de Mens, publicado en 2021 por aCentral Folque.

O libro profunda na vida das cinco Pandereteiras de Mens, que dende a comarca de Bergantiños, cruzaron fronteiras e racharon estereotipos coa súa música. Elas son as primeiras mulleres que, sendo labregas, levaron o formato das pandereteiras aos escenarios públicos nos anos 70 e 80. 

O libro contén fotografías a toda cor, unha excelsa compilación de músicas e transcrición de letras e músicas en partitura, para o que a autora contou coa colaboración do etnomusicólogo Sergio de la Ossa.

Na presentación haberá actuación das pandereiteiras de Samoeiro e espazo para a foliada, así que animamos aos asistentes a levar os seus instrumentos. Cumpriranse as medidas sanitarias precisas.

Hai que reservar sitio no teléfono 650 624 828, preferiblemente por WhatsApp.

 



RELACIONADO