Nadal na Guimaralia 2023

Nadal na Guimaralia 2023

14 December 2023/concello/Cultura

Música, teatro, circo, e moito máis! Aquí a programación ao completo para este Nadal 2023 na Pobra do Brollón.

20 de decembro. Casa da Cultura 'Olga Novo'. 19:00h.

'A mentireira historia da carapucha verdadeira'. Mostra do proceso de creación a cargo do grupo de teatro infantil 'Mundo rural mundo cultural'. 

21 de decembro. Colexio, Centro de Día e Avda. de Galicia. A partir das 12:00h.

Visita do Apalpador.

22 de decembro. Casa da Cultura 'Olga Novo'. 21:00h.

Comando Curuxás + Foliada. 

Entrada solidaria: 1kg de alimentos non perecedoiros.

23 de decembro. Casa da Cultura 'Olga Novo'. 19:00h.

Presentación da novela El poblado de las ánimas coa autora Pilar Macía.

26-29 de decembro. Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro'. 10:00-14:00h.

Obradoiro infantil de Nadal. Inscricións antes do 22 na Biblioteca (Tlf. 982 430 546)

29 de decembro. Pavillón municipal. 19:00h

'Oh-pera!' de Circo Chosco.

Entrada solidaria: 1kg de alimentos non perecedoiros.

30 de decembro. Varias parroquias.

Xira da Coral Samoeiro: Panxoliñas polas parroquias. 18:00 Igrexa de Ferreiros. 19:00 Igrexa de Fornelas. 20:00 Igrexa de Abrence

31 de decembro-1 de xaneiro. Casa da Cultura 'Olga Novo'. A partir das 00:45h.

Festa Fin de Ano co Dúo Millenial.

5 de xaneiro. Rúas da Pobra do Brollón. A partir das 16:15h.

Cabalgata de Reis



RELACIONADO