Tendo en conta a época estival na que nos atopamos e ante a previsión de escaseza de auga pola seca, en aplicación do disposto na Ordenanza Fiscal nº 2.07ª reguladora da taxa polo subministro de auga, dende o Concello da Pobra do Brollón faise saber que non se poderá facer uso da auga procedente da subministración municipal para:
O rego de hortas e xardíns.
Encher piscinas particulares e/ou elementos similares.
O lavado de vehículos, fachadas, e baldeo de patios, airas, etc.
A auga procedente da rede municipal de abastecemento debe destinarse exclusivamente para o consumo doméstico.
Dende o Concello controlaranse os consumos en edificios e instalacións municipais, espazos públicos en xeral e vixiaranse as perdas na rede de abastecemento.
Recoméndase a todos/as os/as veciños/as que realicen o máximo esforzo para o aforro da auga, e aínda que este bando é de aplicación ás parroquias que contan con abastecemento de auga municipal, tamén se recorda aos veciños/as dos núcleos que contan con abastecemento propio que a seca afecta a todos por igual e polo tanto é fundamental un uso responsable dun ben tan prezado e escaso.
Toda infracción contra o ordenado neste Bando, será sancionado segundo o disposto no artigo 3º da Ordenanza municipal.