Curso formativo para coidadores de persoas con demencias

Curso formativo para coidadores de persoas con demencias

31 October 2018/concello/Xeral

 

O curso terá lugar na casa da cultura Olga Novo, os días 7 e 9 de novembro en horario de 16:00 a 20:00 horas. Este curso formativo ten como obxectivo posibilitar aos coidadores unha formación adicional, obter o seu recoñecemento, así coma unha acreditación da súa competencia na atención sociosanitaria no fogar a persoas con demencias. Neste módulo formativo impártense contidos relacionados cos síntomas das demencias, as terapias non farmacolóxicas, a comunicación coa persoa con demencia e o coidado da persoa coidadora.  

A actividade está organizada por Afamon (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Monforte), Fagal (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer), a Consellería de Política Social e o Concello da Pobra do Brollón

As inscricións deben de facerse a través de Afamón no telf.:  982 41 09 29 (luns a venres de 9 a 14 horas) ou no correo electrónico, afamonforte@hotmail.com. Para calquera consulta poden dirixirse ao concello.



RELACIONADO