As declaracións responsables para corta de madeira xa se poden tramitar telefonicamente

As declaracións responsables para corta de madeira xa se poden tramitar telefonicamente

15 February 2021/concello/Xeral

Xa está en funcionamento o servizo para tramitar telefonicamente as declaracións responsables para a corta de madeira de uso doméstico. Tramítanse a través do teléfono 012 ou 981900643 da Xunta de Galicia.

Este servizo telefónico soamente está dispoñible para os aproveitamentos de uso doméstico que non se atopen en zonas de afeccións nin sexan obxecto de comercialización.

Consulta máis información na nota informativa emitida polo Concello da Pobra do Brollón:



RELACIONADO