Xornada de confraternidade no Castro de San Lourenzo

Xornada de confraternidade no Castro de San Lourenzo

10 August 2018/concello/Xeral

O entorno do Castro de San Lourenzo acolle durante hoxe e mañá a celebración da Romaría de San Lourenzo. A cita aproveitouse para que o campo de traballo internacional que está desenvolvendo a súa actividade no castro recibira a visita dos rapaces do campo de traballo de Pantón. Á delegación pantonesa acompañábaa o seu rexedor municipal, José Luis Álvarez, que deste xeito atendía á invitación do alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. Ámbalos dous alcaldes aproveitaron para saúdar aos intergrantes dámbolos dous campos de traballo, xantar e debatir sobre a actividade municipal. Xosé Lois Maceda tamén visitou o castro co alcalde de Pantón e explicoulle as particularidades deste xacemento que forma parte das visitas guiadas que o concello organiza durante este verán e que está recibindo numerosos visitantes. 



RELACIONADO