Cata de iniciación á Ribeira Sacra

Cata de iniciación á Ribeira Sacra

21 September 2021/concello/Xeral

O xoves 7 de outubro terá lugar na Pobra do Brollón unha 'cata de iniciación á Ribeira Sacra', organizada pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria. O horario da actividade é de 17:30 a 21:30.

O curso é gratuíto, previa inscrición. O prazo para anotarse acaba o próximo xoves 30 de setembro.

A proposta está destinada a persoas vinculadas ou con expectativa de vincularse profesionalmente cos sectores produtivos da agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria, etc. 

Para máis información e inscricións, poden contactar no enderezo electrónico mercedes.embajadora@gmail.com ou no teléfono 689 292 675.



RELACIONADO