O Concello da Pobra do Brollón non suscribiu coa Consellería do Medio Rural o convenio de prevención e extinción de incendios.

O Concello da Pobra do Brollón non suscribiu coa Consellería do Medio Rural o convenio de prevención e extinción de incendios.

03 June 2018/concello/Xeral

A política da Xunta en materia de prevención de incendios, dista moito de ser o que os concellos necesitan para unha loita eficaz contra o lume. Este feito constátase todos os anos e no Concello da Pobra do Brollón quedou, lamentablemente, de manifesto no 2017. O grupo de Goberno da Pobra do Brollón asegura que non pode respaldar a precariedade  laboral, a escasa profesionalización na xestión do traballo dos  brigadistas, a falta de medios e de dotacións técnicas que se destinan aos concellos para a loita contra o lume e a falta de criterio da Xunta nas labouras de prevención non atendendo ás  necesidades reais dos diferentes municipios.

Para  o alcalde, Xosé Lois Maceda, o traballo de prevención de incendios é prioritario e neste senso o concello terá a súa propia brigada, pero entende non se pode suscribir un convenio que cada ano pon de manifesto a súa ineficacia contribuíndo a incrementar a  precariedade laboral dos traballadores e non conseguindo obxectivos tanto na prevención como na extinción.



RELACIONADO