A 11ª edición dos Cantos de Taberna celébrase o sábado 9 de decembro

A 11ª edición dos Cantos de Taberna celébrase o sábado 9 de decembro

30 November 2023/concello/Cultura

O sábado 9 de decembro celebramos os XI Cantos de Taberna da Pobra do Brollón. Participan catorce grupos que circularán por seis bares do municipio entre as 18:00 e as 23:00, rematando con foliada expansiva polos bares.

Os bares que participan son Avenida, Bar Pirata, Primeiro de Maio e A Vella Taberna na capitalidade da Pobra do Brollón; A Salanova en Salcedo e O Fogón en Cereixa.

Os grupos participantes son As Macizas Centrais (que substitúen a Airiños do Petimor), Cachuch’al pilpil, Cantareiras de Fornelas, Con Ton e Son, Corenta e chinco, Foliada de Bosende, Ministreles, Os Bochetas, Os Estoupafoles, Searas, Sintróm e Son, Son do Brollón, Son do Mao e TaberNos.

 



RELACIONADO