Ampliación del saneamiento de la aldea modelo de Parada dos Montes

Ampliación del saneamiento de la aldea modelo de Parada dos Montes

05 December 2024/concello/Xeral

Agader concedeu ao Concello da Pobra do Brollón unha subvención para o proxecto solicitado ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da política agraria común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento MR711D), publicada no DOGA num. 37 do mércores 21 de febreiro de 2024.

Un dos proxectos é o da 'Ampliación do saneamento da aldea modelo de Parada dos Montes no Concello da Pobra do Brollón (Lugo)'. Este proxecto amplía a rede de saneamento para as augas residuais non pluviais das vivendas.

Subvención Agader: 149.999,99€ (100%). Coste total proxecto: 149.999,99€.

Consulta máis información sobre as aldeas modelo na web do Agader



RELACIONADO