Cerca de dous mil pinchos vendidos no XV Concurso de Tapas da Guimaralia

Cerca de dous mil pinchos vendidos no XV Concurso de Tapas da Guimaralia

12 December 2024/concello/Xeral

O XV Concurso de Tapas da Guimaralia que tivo lugar do 29 de novembro ao 5 de decembro, rematou con cerca de 2.000 pinchos vendidos entre os seis locais participantes na Pobra do Brollón, Salcedo e Cereixa.

As tapas gañadoras establécense por votación popular. Recolléronse 205 tarxetas de votación válidas, é dicir, seladas polos seis establecementos. As tapas máis votadas foron: en primeiro lugar, a tapa “’Nadie a leva’ con patacas do Agro” do Primeiro de Maio; en segundo lugar, ‘Solombo no souto dos Gandarós’, da Salanova; e a terceira gañadora, ‘Solombo en salsa de queixo azul con verduras e redución de Val do Frade’ do Avenida.

Entre todas as persoas participantes na votación, sortearase unha noite con circuíto termal no Hotel Iberik Augas Santas de Ferreira de Pantón. O sorteo realizarase na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ dentro dos actos dos Reis de 2025, así como a entrega do premio do sorteo e dos diplomas acreditativos aos establecementos gañadores.


1º Premio: 'Nadie a leva' con patacas do Agro (Primeiro de Maio)


2º Premio: Solombo no souto dos Gandarós (Salanova)


3º Premio: Solombo en salsa de queixo azul con verduras e redución de Val do Frade (Avenida)

 



RELACIONADO