O programa de conciliación para o curso escolar 2024-25 comeza o 11 de setembro

O programa de conciliación para o curso escolar 2024-25 comeza o 11 de setembro

02 September 2024/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón retoma a partir do mércores 11 de setembro o programa de conciliación laboral e familiar para o curso escolar 2024-25.

É un servizo totalmente gratuíto para axudar ás familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral.

Este programa contempla a posibilidade de que os nenos e nenas do municipio estean acompañados de profesionais especializados realizando tarefas lúdicas e educativas no horario previo á apertura do CEIP da Pobra do Brollón.

O servizo ofrécese de luns a venres, nas mañás antes de entrar ao colexio (aproximadamente de 8:00 a 9:30h), aínda que os horarios serán flexibles segundo as necesidades das familias. Ofrécese de xeito continuo durante todo o curso escolar ou nos momentos puntuais que poidan precisar.

As familias interesadas neste programa ou en recibir información, poden facelo nas oficinas de Servizos Sociais (Casa da Cultura 'Olga Novo', primeiro andar), a través do teléfono 982 430 447, ou no correo electrónico: educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal.

 



RELACIONADO