Teatro para conmemorar o Día de Rosalía

Teatro para conmemorar o Día de Rosalía

27 February 2020/concello/Cultura

Na Pobra do Brollón conmemórase o Día de Rosalía de Castro cunha obra teatral, ‘A pluma viva de Rosalía’, montada a partir de textos da escritora pola compañía Os Quinquilláns. O evento será o domingo 1 de marzo ás 18:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e a entrada é libre e gratuíta.

A montaxe, baseada nun feito real de censura a textos de Rosalía, está orientada a maiores de 9 anos e público adulto en xeral. 

O Día de Rosalía celébrase cada 24 de febreiro, o día do nacemento da escritora hai xa 183 anos. Este ano, ao coincidir a data en pleno Entroido, aprazáronse uns días as actividades conmemorativas organizadas polo Concello.

Ademais da obra teatral, o xoves 5 de marzo haberá unha actividade infantil sobre a figura de Rosalía de Castro, a cargo da ilustradora e autora Estefanía Padullés. Está orientada ao alumnado do colexio da Pobra do Brollón, aínda que a participación é aberta. Comezará ás 11:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. 



RELACIONADO