O Concello da Pobra do Brollón volverá ser beneficiario da subvención concedida para o Obradoiro dual de Emprego 'Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón' 2024-2025. O obxectivo é o mantemento e acondicionamento de xardíns e zonas verdes, incluídas rutas de sendeirismo, no noso municipio.
Xa está aberto o prazo para anotarse no obradoiro na Oficina de Emprego de Monforte de Lemos. As persoas interesadas en participar, ademais de estar inscritas como demandantes de emprego e dispoñibles para o emprego, tamén deben estar anotadas/os no obradoiro concreto na Oficina de Emprego de Monforte de Lemos.