Plan de mejora de caminos rurales 2023-24

Plan de mejora de caminos rurales 2023-24

08 July 2024/concello/Xeral

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural promove na Pobra do Brollón un plan de mellora de camiños municipais para rexenerar o firme existente nas estradas de acceso aos núcelos de O Cabo-Pinel e Salcedo.

Todas as actuacións teñen carácter de mellora e mantemento de acordo cos apartado 1.b) e 1.c) do art. 4 do anexo I da Resolución do 28 de febreiro de 2023 para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento MR701E).

Os tramos afectados son os seguintes:

  • Na estrada de acceso ao Cabo-Pinel: Tramo ppal.: P.K. +0,000 a P.K. +1,645, Ramal R1: P.K. +0,000 a P.K. +0,180 , Ramal R2: P.K. +0,000 a P.K. +0,120
  • Na estrada de acceso a Salcedo (Tramo 1: P.K. +0,000 a P.K. +0,240, Tramo 2: P.K. +0,710 a P.K. +1,415

En relación co art. 11 do anexo I da resolución citada a actuación na estrada de acceso de O Cabo-Pinel presenta as seguintes características:

  • O núcleo de O Cabo ten 13 habitantes se ben a estrada rexenerada constitúe tamen o acceso aos lugares de Lamas e Igrexa da parroquia de Pinel.
  • A actuación se desenvolve nunha zona de montaña (A Pobra do Brollón).
  • A actuación inclúe unidades de obra relacionadas coa mellora da drenaxe da estrada (pasos salvafoxos).
  • A estrada obxecto da actuación conecta directamente cunha estrada nacional e unha estrada provincial (N-120 e LU-P-4702)

En relación co art. 11 do anexo I da resolución citada a actuación na estrada de acceso de Salcedo presenta as seguintes características:

  • O núcleo de Salcedo ten 123 habitantes se ben a estrada rexenerada constitúe tamen o acceso aos lugares de Lamas e Igrexa da parroquia de Pinel
  • A actuación se desenvolve nunha zona de montaña (A Pobra do Brollón)
  • A actuación dá acceso a unha entidade de poboación en que se localiza un elemento patrimonial catalogado (Igrexa parroquial de Salcedo)
  • A estrada obxecto da actuación conecta directamente cunha estrada provincial (LU-P-4701)



RELACIONADO