Volve o festival Brindadeira a Ferreiros o 20 e 21 de xullo

Volve o festival Brindadeira a Ferreiros o 20 e 21 de xullo

11 July 2024/concello/Cultura
Volve a improvisación oral a Ferreiros en forma de brindo, regueifa e freestyle. O II festival Brindadeira arranca o sábado 20 de xullo no local social de Ferreiros coa charla 'Brindando na Guimaralia', na que se dará conta dos resultados dos obradoiros de brindo organizados polo Concello da Pobra do Brollón ao longo de 2023.
 
A partir das 20:30 h continúa a programación no campo da festa de Ferreiros, primeiro con brindo e regueifa a cargo do colectivo Erre que Erre, e despois, a partir das 22:00 h con freestyle liderado por Big Meu e colegas.
 
A segunda xornada de Brindadeira, o domingo 21, comeza cun paseo dende o campo da festa de Ferreiros ata Forgas. Alí, na aldea dos afamados brindeiros Veloso, continuará o festival co remate dun mural colaborativo, homenaxe aos brindeiros de Forgas e vermú musical. As asistentes poden levar o seu xantar para comer de romaría.
 
 


RELACIONADO