La Guimaralia más Corresponsable: Programación para adultos

La Guimaralia más Corresponsable: Programación para adultos

21 June 2024/concello/Xeral

O programa A Guimaralia máis Corresponsable, ademais de actividades infantís para facilitar a conciliación familiar, tamén contempla actividades formativas e divulgativas para adultos. Abaixo incluímos a relación de actividades para adultos.

A primeira actividade prevista dá comezo a un ciclo de 'charlas pola igualdade' a cargo da formadora en igualdade, Carmen Abuín. A primeira charla do ciclo, titulada A pobreza na terceira idade ten nome de muller, terá lugar o luns 24 de xuño ás 19:00h na Casa da Cultura 'Olga Novo'.

Na ponencia, con motivo da celebración, o domingo 23 de xuño, do Día Internacional das Viúvas, explorarase a cara feminina da pobreza, ligada, en moitas ocasións, á perda do home. Farase un breve percorrido pola situación das viúvas en distintos países do mundo para centrarse, finalmente, no caso español.

O programa de A Guimaralia máis Corresponsable está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.

 

 



RELACIONADO